Pasada de Otoño

Cumpliendo el ciclo anual de investigación y escritura del Taller de Ediciones de J. A. Durán (Ed.), anunciado hace un año (otoño, 2009), al inaugurar la sede en Pontevedra, LA CUEVA DE ZARATUSTRA invita a todos sus lectores, miembros, amigos y colaboradores, a los siguientes actos.

Cruz Gallastegui Jueves, 4 de noviembre
(Misión Biológica de Galicia,
Salcedo-Pontevedra, 13 horas)

ACTO
CONMEMORATIVO,
CON MOTIVO DO 50 ANIVERSARIO DA MORTE
DE DON CRUZ GALLÁSTEGUI UNAMUNO

Cruz Gallastegui endexamais presumiu diso; pero foi un luxo da cidade de Pontevedra e de Galicia.

Vasco, nacido en Vergara (Guipúscoa) en 1891, morreu no pazo de Gandarón (Salcedo-Pontevedra) en 1960. Na sede da Misión Biolóxica de Galicia, que el mesmo animou desde o primeiro intre. Xa daquela, nos anos vinte, era un caso moi singular de investigador dotado de excelente formación internacional, con asimilación das linguas conseguintes. Situado nos Estados Unidos de Norteamérica protagonizou en Galicia, en España e en Europa, experiencias claves, chamadas a transformar a alimentación humana e animal. Nunha fase de grave crise na distribución do millo, como consecuencia da Primeira Guerra Mundial, protagonizou, por exemplo, a revolución do millo forraxeiro, con efectos drásticos na gandería de engorde. Pero non parou aí a acción do benemérito pioneiro da bioloxía aplicada… Desde aquela foi o que se dixo. Un luxo científico, intelectual e persoal do disfrutaron durante moitos anos os pontevedreses e os galegos.

Morrer con Vega Sicilia

Personaxe incomensurable, Don Cruz amaba o bo viño. Nunha breve pasada pola empresa privada (PRODES), na fase final da súa vida, descubriu a importancia dos caldos da Ribera del Duero, entón pouco apreciados, e foi artífice da revolución vitivinícola da Abadía de Retuerta (Valladolid), potenciándo a cotización mundial da marca máis internacional da viticultura española, desde aquela (1950) ata os nosos días.

O único alimento dos derradeiros días de don Cruz doente foron eses caldos lendarios de Vega Sicilia que el contribuira a prestixiar.

Dúas memorables sagas vascas en Pontevedra

Na Misión Biolóxica coincidiron, por gracia de don Cruz, os Gallástegui e os Odriozola, dúas memorables sagas vascas, que arraizaron para sempre, como el, na cidade e en Galicia. Ata tal punto arraizaron que Pontevedra conta hoxe con dúas rúas centráis que levan o nome de Cruz Gallástegui e Antonio Odriozola, bibliotecario da Misión, e un dos pontevedreses máis populares do seu tempo. O irmán de Miguel Odriozola, peza clave da sección gandeira…

O acto

O documental biográfico Accións e depresións de don Cruz Gallastegui, o creador da Misión Biológica de Galicia, que José Antonio Durán dirixira para a Televisión de Galicia fai 20 años, nucleará a recordanza. Ademais do guionista e director da serie, intervirán os actuais integrantes da Misión Biolóxica, organizadora do mesmo, xunto co Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra que dirixe Miguel Pereira.

    Ficha Técnica do Documental

  • TÍTULO SERIE: Historias con Data
  • TÍTULO CAPÍTULO: Accións e depresións de don Cruz Gallastegui
    O creador da Misión Biológica de Galicia
  • GUIÓN E DIRECCIÓN: José Antonio Durán
  • REALIZACIÓN: Mateo Meléndrez
  • ANO PRODUCCIÓN: 1991
  • PRODUCTORA: VIDEO-VOZ para TVG
  • LINGUA: GALEGA
  • VERSIÓN CASTELÁN: TVE
  • DURACIÓN: 30 min.
Atlantica Memoria
Atlantica Memoria
Venres, 5 de noviembre
12.00: Salón Noble do Pazo de Fefiñáns
21:00: Auditorio de Cambados


ATLÁNTICA MEMORIA
EPISODIO I
TRAGEDIAS BÉLICAS



Coa estrea do documental histórico-biográfico, titulado Traxedias bélicas arranca Atlántica Memoria, na súa dimensión audiovisual. Un proxecto moi ambicioso de historia e biografía internacional, centrado en personaxes de máximo nivel que foron outrora viciños nosos.

Nesta primeira andaina, o documental conta a historia de dous personaxes tráxicos, memorables; pero está máis ben centrado na extraordinaria personalidade do xeneral-embaixador de Godoy e do rei José Bonaparte, Benito Pardo de Figueroa (Benito Pardo, Fefiñáns, 1755-Riga, 1812), o Señorito de Fefiñáns. Con todo, vai compartido cun parente lonxano, tan tráxico como el: o mariscal pontevedrés, Joaquín Miranda Gayoso de Aldao, conde de San Román, nacido en 1756 no pazo hoxe desaparecido que ía desde a praza de Teucro ata o Soportais, ocupando boa parte do centro da Pontevedra amurallada.

Se o primeiro, desterrado de Rusia, morreu nas aforas de Riga, como afrancesado, o conde de San Román morreu a fronte do seu lendario reximento da Princesa na batalla de Espinosa de los Monteros, en outubro de 1808. Despois dunha aventura espectacular, que o levou de batallar nos exércitos napoleónicos no Norte de Europa a combatilos en España…

Benito Pardo retorna a Fefiñáns

Benito Pardo de Figueroa, herdeiro do pazo de Fefiñáns, foi na realidade un dos máis brillantes e decisivos diplomáticos que interviron nas guerras napoleónicas.

Esa é a razón de que a primeira presentación de Traxedias bélicas teña por marco o Salón Noble do Pazo de Fefiñáns o venres, 5 de novembro. Ás 12.00 horas. Na Vila de Cambados. Pola tarde, 21,00 horas, en aberto e para todos os públicos, a sesión será no Auditorio de Cambados. Estrearase nestes actos a versión española do documental, resaltando nas presentacións a figura central. De extraordinaria importancia local e familiar.

Formado Benito Pardo, como era denominado na vida literaria, na Revolución Norteamericana, reformador da Infantería Española, foi na derradeira etapa da súa vida destacado embaixador da España de Carlos IV en Berlín (1805-1807), para rematar como embaixador do rei José Bonaparte en San Petersburgo (1807-1812). Na capital de Rusia cumpriu, como diplomático e como estratego militar, un papel segredo e decisivo que decantaría no cambio de alianzas internacionais que precipita o final do Imperio napoleónico e a apertura dun Novo Mundo.

Personaxe pre-romántico, Benito Pardo era políglota, helenista, poeta e protector de poetas…

Excepcional importancia analítica e audiovisual

O documental, a maiores, ten excepcional importancia audiovisual. Ofrece as primeiras imaxes internacionais da novísima sociedade da imaxe, dado que o sistema de reproducción litográfico acababa de ser inventado cando se produciu a ocupación española de Alemania e os Mares do Norte. Historia fascinante, que interesou aos irmáns Grim, deixando un mar de lendas e unha chea de imaxes que o documental recupera. Para Galicia e para Pontevedra, dada a presencia de distintos reximentos da Capitanía galega na Expedición La Romana, da tamén as primeiras imaxes de galegos e pontevedreses na era contemporánea.

Próximamente, en combinación coa TVG, estrearase en Pontevedra a versión en lingua galega deste documental. Será entón cando se produza a estrea do Segundo Episodio da mesma serie, insólita e anovadora, centrando esta vez as presentacións nas personalidades pontevedresas do mentado conde de San Román e dun sobriño de Benito Pardo, de cinematográfica traxectoria biográfica, militar e sentimental: Bartolomé Pardo de Figueroa, conde de Maceda. Nacido en 1777. Neste caso no pazo familiar de esta familia, actual Parador Nacional de Pontevedra, morto a fronte do lendario Rexemento de Zaragoza, na batalla de Medina de Rioseco, xullo de 1808.

    Ficha Técnica do Documental

  • TÍTULO SERIE: Atlántica Memoria
  • TÍTULO CAPÍTULO: Tragedias Bélicas
  • GUIÓN E DIRECCIÓN: José Antonio Durán
  • REALIZACIÓN: Jorge Durán
  • ANO PRODUCCIÓN: 2010
  • PRODUCTORA: J. A. DURÁN (ED.)
  • LINGUA: GALEGA E ESPAÑOLA (Hai dúas versións)
    Adquiridos os Dereitos de Emisión en Concurso Público pola Televisión de Galicia (TVG)
  • VERSIÓN GALEGA: Adquiridos os Dereitos de Emisión en Concurso Público pola Televisión de Galicia (TVG)
  • NARRACIÓN: Narrado a Catro Voces. Con Joaquín Lens como narrador principal (Foi a súa última narración)
  • DURACIÓN: 30 min.