Sombras sen sombra: Rosalía de Castro

Ficha técnica:
Documental biográfico da serie Memoria e Historia, 55 minutos, narrado a 4 voces. Con guión e dirección de José Antonio Durán, realizado por Jorge Durán, director técnico e xerente do seu Taller de Edicións, que tamén o produciu.

Os dereitos exclusivos de emisión do documental en lingua galega foron adquiridos pola Televisión de Galicia (TVG).

A de Rosalía, unha historia mal contada

O documental pode converterse nun auténtico acontecemento cultural. Verán por qué.

José Antonio Durán, nos tres libros que dedicou ao estudo de Manuel Murguía, sementou dúbidas sobre a paternidade da que foi a súa muller. Paternidade atribuída desde fai medio século (con rara unanimidade) a un crego (cuxo nome compareceu moito máis tarde). Durán tamén incorporou máis recentemente o caso relevante de Rosalía de Castro á serie de Historias mal Contadas de La Cueva de Zaratustra, o prestixioso blog de internet do Taller de Edicións. O apoio a ese cuestionamiento por parte doutros escritores e investigadores de primeiro nivel, caso de Xosé Luís Méndez Ferrín, creou a lóxica expectacción. Durán ofrece no documental, por primeira vez, a exposición do seu punto de vista en relación ao asunto da paternidade. Pero non só a el.

Como é habitual nas investigacións, estudios e iniciativas deste autor, a utilización de novas fontes e a aplicación dunha reinterpretación analítica do personaxe central, contribuirá a darnos unha visión global máis histórica e anovadora do mesmo.

Pero as novidades non son só informativas e interpretativas. Tamén haberá sorpresas audiovisuais. En primeiro lugar, pola rareza de semellantes tratamentos de Rosalía Castro. Unha escritora, de máxima reputación internacional, que no campo do documental histórico-biográfico non pasou de ser unha especie de ente de ficción.

Ao resalte desas novidades –informativas e audiovisuais- dedicarase parte da roda informativa. Nela referirase Durán a outras relacións aínda máis próximas e rigorosamente inéditas: as casas pontevedresas que tiveron maior presencia na historia familiar de Rosalía e os De Castro, por exemplo.

 

NO MUSEO DE PONTEVEDRA
(Para todos os públicos)

A estrea abre unha nova etapa na antiga colaboración de José Antonio Durán co Museo de Pontevedra. Un centro de investigación de primeira orde, no que realizou unha parte importante da súa tarefa investigadora desde a mocidade. Ata nestes últimos anos de semi ausencia da cidade. A pesar de que a súa residencia principal estaba en Madrid e a secundaria en Rianxo. No Museo déronse a coñecer iniciativas que moveron enorme concorrencia, caso das exposicións conmemorativas dos centenarios de Bagaría (1983) ou Castelao (1986), comisariadas por Durán para o Ministerio de Cultura.

A estrea do Rosalía será, pois, en aberto. Para todos os públicos. Nas novísimas instalacións do Museo de Pontevedra. Ese mesmo día 30, luns, ás 20 horas.