Tempo de Elexía

Tempo de Elexía. María Mariño entre Eugenio Novo e Novoneyra

HOY, MIÉRCOLES 12 (19:30), EN EL MUSEO DE PONTEVEDRA:

María Mariño, entre Eugenio Novo e Novoneyra

    Ficha técnica.-

  • Duración: 55 minutos.
  • Dirección:José Antonio Durán
  • Coprodución:
    • Taller de J. A. Durán (Ed)
    • Televisión de Galicia (TVG)
  •  

 

Coa excepcional presencia da voz e a figura en vivo de Novoneyra, como chegado de ultratumba

Idea Xeral, Guión e Dirección de José Antonio Durán

caratulaCando Herbert Marshall McLuhan comezaba a soñar coa idea futurista da aldea global, a aldea e a parroquia galegas (no sentido antropolóxico tradicional) xa levaban anos en transo de elexía.

Nunha desas aldeas, que semellaban condenadas ó subsidio, comezou a cocerse en 1947 un dos procesos creativos máis orixinais da recente historia literaria internacional. Con un axuste fascinante de tradición e vangarda.

Os protagonistas deste proceso creativo tiñan distintas procedencias, idades e instalación política: María Mariño Carou (noiesa de 40 anos) era unha señora feita e dereita. Curtida no nacional-catolicismo máis agresivo e militante, estaba casada cun mestre cos mesmos ideais, mutilado e ex combatente. Eran, pois, da clase dos vencedores na guerra civil. Chegaban, ademais, coa nostalxia da Galicia Atlántica, a unha montaña potente, fermosa e (daquela) case inaccesible: o Courel, segundo a denominación de Novoneyra. Nos últimos tempos do maquis e os homes do monte

Mentres, na Casa Grande da aldea de Parada un novísimo mociño da comarca, Eugenio Novo Neira (17 anos), o fillo varón, vivira de neno a experiencia antitética das familias perdedoras. Sobriño e afillado do alcalde republicano do Courel (que estivo agachado nos baixos da casa onde el mesmo estudaba á luz do gancio) foi o encargado de darlle fala e alimentalo. En 1947, xa estaba case a punto de romper a escribir os primeiros apuntes como poeta irreversible. Con nome propio, renome e obra orixinal de incuestionable valía: Uxío Novoneyra.

 

Desenrolo argumental

Tempo de Elexía. María Mariño, entre Eugenio Novo e Novoneyra conta -ao mesmo tempo- a historia profunda dese encontro, de excepcional interese para a Creación literaria, e o declive histórico da aldea de Parada.

Cando a desolación e a desfeita aldeá era irreversible, o contraste coa existencia dun taller literario onde se foi  cocendo o ciclo poético de Os Eidos e a obra, galega e castelán, de María Mariño, ofrece múltiples atractivos audiovisuais. O documental, que presenta un desenrolo histórico-biográfico, permite observar –con toda naturalidade- as coincidencias e as diferencias que se observan entre as dúas poéticas.

Editor de Palabra no Tempo (Lugo, 1963), responsable da edición do libro póstumo Verba que comeza (Noia, 1990), Uxío Novoneyra (1930-1999) deu a coñecer a poesía en galego de María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967), resaltando –contra o vento da incomprensión- a importancia e a orixinalidade da noiesa do Courel.

José Antonio Durán, con toda a documenta de que se ten noticia, valéndose da información directa que lle deu o trato persoal con Novoneyra, puido compoñer esta especia de Elexía Global do Courel e da Galicia Marítima tradicional, en contraste coa riqueza visual e a orixinalidade do taller literario daqueles protagonistas.

 

Realización de Jorge Durán

Narrada a historia a catro voces (sen contar a voz en vivo, documental, de Novoneyra, como chegada de ultratumba), a conxunción de poesía, plástica, historia endexamais narrada, paisaxe, grandes novidades informativas e documentais sobre os personaxes centrais, converte Tempo de Elexía nun auténtico espectáculo audiovisual.

As filmacións directas en distintos momentos estacionais, tanto na Galicia Marítima (Noia, Ría de Arousa, Escarabote, Pazo de Goiáns) como nas montañas do Cebreiro e o Caurel (con centro na Casa do Señor de Pacios, a Casa Grande, a Casa-Escola e a aldea de Parada), realzan a plástica da paisaxe, enriquecida polo espectáculo adicional envolvente do que chamaba rito da palabra Uxío Novoneyra. En resume: 55 minutos de potente intensidade evocadora.

Comments are closed.




La Cueva de Zaratustra

LA CUEVA DE ZARATUSTRA es la apuesta del TALLER DE J. A. DURÁN (ED)  por el Librepensamiento. Una de las mejores bitácoras audiovisuales del mundo (BOBs 2004, Concurso internacional de webs de la Televisión Pública de Alemania Federal, 2004).

¡¡¡ QUÉ SE ABURRAN LOS NECIOS !!!

RINCONES DE LA CUEVA

Enlaces

Meta