Luis Cernuda: Ser de Sansueña

No chan sen alfombra da súa habitación a pipa inglesa atuída de tabaco (Virxinia special) aínda non prendida. Os mistos no chan tamén, preto da cama –xa feita– do home que nela durmira aquela noite: “Debeu morrer só. Non puido soster  en algo os últimos días da súa vida”. Así falou en Ocnos ó ver pasar de lonxe o enterro do seu mestre de retórica, sacerdote escolapio, nunha mañán de outono áureo e fondo, coma esta na que escribo.

Luís Cernuda, poeta, acordou por derradeira vez en México D.F., Coyoacán, no barrio sur da capital, un novembro disfrazado do ano 1963, medio século andado. Foise sen querer volver: a que patria podería regresar?

Eterno camiñante sen camiño, a non ser bastantes exabruptos e resquemores dos que se encheu para revoltarse –opportune et importune– contra mestres (“Sr. Jiménez”) e compañeiros escritores. Xa o fixera denantes o divino Juan Ramón, lingoreta, felino de fel.

A persoa Luís Cerrnuda apresentouse, xaora, coma personaxe difícil, incómodo e incomodado: dicir o contrario no mundo das letras con tantos egos revoltos, lindaría co imposible. Esa é a realidade e, se cadra, tamén o desexo: esa polaridade na que se desenvolveu vida e obra de Luís Cernuda, tal unha aporía.

Algúns dos desexos máis contumaces do poeta sevillano, viñeron a caer na contorna de Galicia e dos galegos, coma antes ocorrera con Federico. A Cernuda caíalle polo curto, porque a súa familia paterna (a do pai, coronel) procedía de Marín.

O amor: única luz do mundo, levouno de aquí para acolá, expatriado cara o Norde hiperbóreo: Oxford, Glasgow, Londres. Néboas e nevaradas. O 12 de outubro do 1941, dende a Glasgow University, escríbelle a Madariaga (“Querido Don Salvador”) a primeira carta dun epistolario de seis misivas que vén de ser exhumado. O que hoxe, agora, interesa é unha secuencia: “Recuerdos a su señora. Me impresionó oírla recordar el final de Samson Agonistes  [de Milton]: all passion spent, en relación con aquel trozo del Orfeo de Gluck que oímos juntos en su casa. Desde entonces la referencia me preocupa y es posible que a ella le deba algunha futura construcción poética”.

O poeta trai a lévedo aquela velada oxoniense, familiar, de vellos coñecidos da República española, hoxe exiliados, ambiente culto, burgués, de poesía e música, e as alongadas mitoloxías: Orfeo e Eurídice maila historia anticotestamentaria traída polo poema de Milton, e a música outra volta de Christoph W. Gluck, xusto na apoteose final, cando a catarse cae sobre a alma:

[Sereno o pensamento,] a pasión de todo consumida (verso 1758)

Tódalas grandes construcións de Cernuda, verbo da pasión, da música, da poesía, o magno poema do exilio, (vivir sen estar vivindo), en Europa e na outra banda do mar, poden moi ben partir de aquí, desta velada septembrina, no comezo do curso 41-42, en Oxford, onde Madariaga, “Don Salvador”, profesaba de español nunha cátedra dotada por Alfonso XIII.

[Estou a ver nese escenario a Álvaro Cunqueiro, máis ocorrente e divertido, tan amante da Historia, da poesía inglesa (mesmo a de Milton que traducía por si propio), o teatro (“As mil caras de Shakespeare”), os legados de Grecia e Roma, a catarse tráxica, a música, a Eurídice de Gluck, all passion spent, e ese milagre do mundo que seguimos a chamar poesía: é dicir, o Cunqueiro mellor e máis portado. A Eurídice maior é a de Álvaro].

E aló quedou, na desolación da súa Quimera:

 

“Hoy la vida morimos / En ajeno rincón”.

Acaso allí estará, cuatro costados
Bañados en los mares, al centro la meseta
Ardiente y andrajosa. Es ella, la madrastra
Original de tantos, como tú, dolidos
De ella y por ella dolientes.

Es la tierra imposible, que a su imagen te hizo
Para de sí arrojarte. En ella el hombre
Que otra cosa no pudo, por error naciendo,
Sucumbe de verdad, y como en pago
Ocasional de otros errores inmortales.

Inalterable, en violento claroscuro,
Mírala, piénsala. Árida tierra, cielo fértil,
Con nieves y resoles, riadas y sequías;
Almendros y chumberas, espartos y naranjos
Crecen en ella, ya desierto, ya oasis.

Junto a la iglesia está la casa llana,
Al lado del palacio está la timba,
El alarido ronco junto a la voz serena,
El amor junto al odio, y la caricia junto
A la puñalada. Allí es extremo todo.

La nobleza plebeya, el populacho noble,
La pueblan; dando terratenientes y toreros,
Curas y caballistas, vagos y visionarios,
Guapos y guerrilleros. Tú compatriota,
Bien que ello te repugne, de su fauna.

Las cosas tienen precio. Lo es del poderío
La corrupción, del amor la no correspondencia;
y ser de aquella tierra lo pagas con no serIo
De ninguna: deambular, vacuo y nulo,
Por el mundo, que a Sansueña y sus hijos desconoce.

Si en otro tiempo hubiera sido nuestra.
Cuando gentes extrañas la temían y odiaban,
y mucho era ser de ella; cuando toda
Su sinrazón congénita, ya locura hoy,
Como admirable paradoja se imponía.

Vivieron muerte, sí, pero con gloria
Monstruosa. Hoy la vida morimos
En ajeno rincón. Y mientras tanto
Los gusanos, de ella y su ruina irreparable,
crecen, prosperan.

Vivir para ver esto.
Vivir para ver esto.

Vivir sin estar viviendo (1949)

Comments are closed.




La Cueva de Zaratustra

LA CUEVA DE ZARATUSTRA es la apuesta del TALLER DE J. A. DURÁN (ED)  por el Librepensamiento. Una de las mejores bitácoras audiovisuales del mundo (BOBs 2004, Concurso internacional de webs de la Televisión Pública de Alemania Federal, 2004).

¡¡¡ QUÉ SE ABURRAN LOS NECIOS !!!

RINCONES DE LA CUEVA

Enlaces

Meta